AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Martine Broda

Martine Broda
(Nancy, 1947 – París, 2009), poeta e ensaista singular, caracterízase principalmente polo seu traballo na estela do gran poeta xudeu romanés Paul Celan, de quen é introdutora e primeira tradutora en Francia. En toda a súa obra poética, palpita a conciencia de recoñecerse vítima da traxedia do Holocausto vivido polos xudeus durante a criminal perversión hitleriana que sufriu a humanidade no pasado século. É tamén autora de espléndidos ensaios sobre a esencia do lirismo e a lírica amorosa, amén de valiosas traducións de Nelly Sachs e Walter Benjamin. Dedicou a súa vida á enseñanza tras alcanzar os máis altos graos no sistema educativo do seu país, escalados tras unha apaixonante tese doutoral de terceiro ciclo sobre Pierre Jean Jouve, dirixida por Henri Meschonnic. Publicou Grand Tour, Tholos, Double, Tout Ange est terrible, Passage, Ce recommencement, Huit Pages à propos de la Shoah e Poémes d’été.

 

Imaxen tomada da páxina web:
www.maulpoix.net

.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com