 |
Johannes Bobrowski
Johannes Bobrowski Nace en 1917 en Tilsit, cidade da Prusia oriental. En 1928, coa familia trasládase a Königsberg. Dous anos despois ingresa na «Federación de círculos bíblicos de Alemania», en 1934 é membro do movemento da oposición cristiana ó nazismo. En 1935 escribe as súas primeiras poesías. Entre as súas obras figuran os libros de poemas Sarmatische Zeit (Época sármata, 1961), Schattenland Ströme (País de sombras ríos, 1962), Wetterzeichen (Indicios atmosféricos, 1967) e as novelas Levins Mühle (1964) e Litauische Claviere (Pianos lituanos, 1966), a primera das cales pasou ó cine en 1980 e a segunda á ópera en 1976. Morreu en Berlín en 1965. |