
 |
Luis Artigue
Luis Artigue (León, 1974) é novelista e poeta. No seu debut narrativo -EL VIAJERO SE HA IDO, COMO ES LÓGICO (Linteo, 2003)- recreou o mundo da bohemia do París dos locos anos 20. “Unha novela brillante que introduce con habilidade o lector nun mundo repleto de suxerencias” (José María Merino). “Persoalmente o rematar de ler esta novela tiven ganas de volver a lela e iso é o mellor que se pode decir de calquera lectura” (Carmen Gómez Ojea). “Empezando polo título nestas páxinas abondan as frases con vocación de cita literaria” (Juan Pedro Aparicio). “Unha historia contada con orixinalidade, elegancia e fina man literaria… Un autor o que conven seguir” (Luis Mateo Díez).
A súa obra lírica, pola que obtivo entre outros o Premio Esquío e o Premio Ojo Crítico, está reunida case totalmente no volume EMPEZAR POR EL NÚMERO TRES (poesía 1995-2005).
Obtivo o Premio Joven de Narrativa Fundación UCM pola súa segunda novela LAS PERLAS DEL LOCO VENTURA (Edaf, 2007): “Obra imaxinativa habilidosamente trazada” (Ricardo Senabre, El Cultural). “Un autor na posesión dunha rara madurez literaria” (Juan Angel Juristo, ABC). |