AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Anne Sexton

Anne Sexton
(Weston, Massachusetts 1928-1974). Ós 17 vería os seus primeiros poemas publicados no anuario escolar, aínda que máis tarde sería acusada pola súa nai de plaxiar os textos. Despois de casar con Alfred Muller Sexton nace a súa primeira filla, Linda, en 1953, feito que desatou o primeiro dunha larga serie de episodios depresivos que condicionarían o resto da súa vida e obra. Un ano máis tarde nace a súa segunda filla, Joyce. A finales de 1956, por recomendación do seu psiquiatra, volve a escribir poesía. A partir deste momento Anne Sexton caería periódicamente en estados de profunda depresión que a levaría a numerosos intentos frustrados de suicidio. A través da Universidade de Boston coñeceu a Sylvia Plath. Ambas poetas mantiveron unha breve e intensa amizade repleta de coquetas conversacións sobre o suicidio. O seu primeiro libro, To Bedlam and Part Way Back vería a luz en 1960.  Seguiríanlle outros títulos como All My Pretty Ones (1962), Live or Die (1966), polo cal recibiría o premio Pulitzer en 1967, Love Poems (1969), Transformations (1971), The Book of Folly (1972)  e The Death Notebooks (1974). O 4 de outubro de 1974 Anne Sexton realizou un último e definitivo intento de suicidio, encerrándose no garaxe có coche en marcha.

 

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com