Ali Esber (Adonis)
Ali Esber nace o 1 de xaneiro de 1930 na aldea de Qasabín, cerca de Lattaquía, en Siria. En 1954 publica o seu primeiro libro «La tierra dice». En 1956 cásase con Khálida Sâleh e instálase en Beirut, donde se atopa con Youssef al-Jalil e funda a revista literaria Shi’r que abrirá novos horizontes para a poesía árabe. Adonis pasa un ano en París entre 1960 e 1961 onde iniciará o seu libro capital Canciones de Mihyar el de Damasco (1961).
En 1977 publica «Singulares», obra que o autor considera unha das súas máis importantes. A súa estancia en Beirut representa unha etapa fecunda e fundamental no conxunto da súa obra e no da poesía árabe contemporánea. En 1995 publica a primeira parte da triloxía al-Kitab (El Libro) da que aparece o terceiro e derradeiro volume no 2002.
Adonis é ó mesmo tempo un gran investigador das experiencias poética e mística e da reflexión artística nun sentido máis amplo. A súa obra crítica é froito da súa insaciable curiosidade e dunha profundamente orixinal reflexión, na que Adonis re-evalúa e re-actualiza a historia da poesía en árabe e forma unha parte indispensable do seu universo creativo.