AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

Narrativa
     
 

O soño galego de Julio Cortázar
Francisco X. Fernández Naval

 
     
     
 

No ano 2006, Aurora Bernárdez cedía a Galicia o seu arquivo fotográfico e, tamén, o do escritor Julio Cortázar. Ese patrimonio documental está depositado actualmente no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), encargado da súa custodia e conservación. Poucos meses antes, a editorial Linteo publicaba o libro Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar, no que o escritor Francisco X. Fernández Naval, afondaba nas relacións que o escritor arxentino mantivo con Galicia e cos galegos do exilio e da emigración, así como a visión que tivo deles e da que deixou constancia na súa obra.
Porén, o legado cedido por Aurora achegou nova información que non invalidaba e si confirmaba o xa expresado polo autor en Respirar polo idioma. Esta nova publicación, O soño galego de Julio Cortázar, funde nun só texto toda esta información, a que ofrecía Respirar polo idioma e as novas achegas. Pero o autor decidiu dar un paso máis alá, conmemorando de maneira festiva o centenario do nacemento de Cortázar, amosando a rica e intensa presenza na cultura galega contemporánea do escritor.

 
     
 

COLECCIÓN: Colección Aberta
ISBN: 978-84-96067-98-1
ANO: 2014, 1ª ed.
PÁXINAS: 348
TAMAÑO: 13,5 x 21,5 cm.
PVP: 17,50 Euros

VOLVER
Coleccións

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com