O pintor, ceramista e vello galeguista Isaac Díaz Pardo é unha das figuras máis carismáticas e apaixonantes da Galicia actual. Despois de poñer en marcha Cerámicas do Castro, Sargadelos, Ediciós do Castro, o Laboratorio de Formas de Galicia e o Instituto Galego de Información foi apartado da dirección do Grupo Sargadelos por algunhas das persoas que el mesmo colocou ó fronte do proxecto empresarial. Mantén un preito contra a actual dirección da compañía, ó entender que non cumpre a obriga de someter toda a actividade ás directrices do Laboratorio de Formas. |