Xosé Manuel del Caño

    Xosé Manuel del Caño

    Xosé Manuel del Caño González é un pintor, xornalista e escritor galego.

    Foi redactor do Faro de Vigo 30 anos e delegado en Ourense de 2005 a 2020. Foi director da revista Follas Secas e impulsor da recuperación da casa de Manuel Curros Enríquez e a creación da biblioteca de Graham Greene no mosteiro de Oseira. Así mesmo, foi o fundador do Premio Celanova, Casa dos poetas. Presidente desde o 2020 de Amig@s do Libro Galego / Artes e Letras.