Xavier Seoane Rivas

    Xavier  Seoane Rivas

    Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". 

    É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.

    Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.